Mais que palabras

domingo, octubre 29, 2006

outono

Marelean os días nas follas das árbores, na neboa da maña, nas xeadas, no rebumbio do río que vai a máis, nas noites, coa súa escuridade que nos pecha os ollos e se fan infinitas; na soedade que na ausencia de sol se sinte máis…
Pasan os anos sen lograr evitalo, deixando un recordo que amargaba, e que agora tan so e iso, recordo. Muda a vida e mudan os sentimentos, pero non se olvidan. A onde foi o amor? Ou segue ahí? Seguirá para sempre pero nunca será o mesmo.
A menudo sigo pensando no amor que se foi. En cal deles? No menos pensado. Equivócome: foise ela pero non o amor. O amor por ela? Probablemente non. O amor en xeral…ti xa o sabes…
Como sempre rehén das circunstancias…

domingo, octubre 22, 2006

Dia escuro

Fai un día escuro. Chove como se nunca o fixese e sopra o vento como se quixese tirar con todo. Os regatos saen da súa marxe querendo ser maiores, e as pertenzas queridas nadan na auga coma peixes mortos no lodo. Morreu o sol? Quen sabe, hai días que non o vexo, pero voto tanto de menos…Nistes días procuro lembrar o azul do ceo e o verdor das árbores que estrean; mentras niste refuxo, chamado fogar, disfruto do paso do tempo que queda ata que chegue o verán.

domingo, octubre 15, 2006

Un día.

Un día coma outro calquera,
as nosas miradas cruzáronse
na rúa do desexo.
Deixou de ser un día calquera.
Pasou a se-lo día.
Foise o día e chegou a noite.
A escuridade sen lúa chea,
sen primavera.
Tan so os acordeóns da soidade
soaban sen interrupción.
Os meus ollos;
cansos de escuridade,
sairon ve-las estrelas,
e a fermosura daquela noite,
aumentou as miradas, o desexo.
Rompe o día .
Votarei de menos as estrelas.

domingo, octubre 08, 2006

Erase

Érase unha vez o bico que nunca din.
Iste bico nacía no máis adentro,
no máis adentro de min.

Encontrabase na ialma,
soñaba con ve-las estrelas,
soñaba con vela a ela,
pois por ela naceu.

Érase unha vez a aperta que nunca din.
A aperta máis forte,
que ninguén puido nunca sentir.
Nacía tamén na ialma.
Suspiraba por sair, por vivir.

Érase unha vez as caricias que nunca din.
Ela merecías. Eu desexaba deixalas sair.
Non sairon nunca.
Niste conto nunca serei feliz.