O eclipse de lúa
Hoxe hai eclipse de lúa. Temos unha noite semi invernal, e cheirase a primavera. As nubes pasan, paseniñamente, dende o sur, traendo gotas de auga que tan so humedecen o ambiente.
Quen fora unha delas, para estar máis preto do eclipse, para poder ver sempre as estrelas.
A lúa brila con intensidade mentras agarda o seu coma, a súa viaxe cara o túnel antes da volta a vida.
Quen fora unha gran lúa chea e poder ver sempre as estrelas.
As árbores crean sombras tenebrosas, imaxes descoñecidas que fan sentir medo, que recordan o ladrido do can na noite, e a soedade nun monte de meigas.
Quen fora un can, o lobo na noite, e poder oulearlle a lúa chea, as estrelas.
No horizonte alviscase o infinito, a negrura do descoñecido que ameaza cada día e me recorda sen pausa o finito da miña vida, e o infinito da imaxinación , que me fara sentir sempre lúa chea, eclipse, estrelas.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home