A orxía
Un sábado como outro calquera, quedei co meu amigo para tomar algo e coñecer xente. Era unha noite de chuvia, húmida e escura, pero a ninguén dos que andábamos polos locais, nos importaba. A realidade e que, por moito que chovese e nos mollasemos, a gorxa ia estar mais mollada que o corpo.
Non había nada de outro mundo naquela noite, para facerlle mención niste block, ata que a última hora, dúas rapazas noviñas provocaron atención no amigo que me dixo:
-E se falamos con esas rapazas?. Son de Castro de Rei de Paradela. Podiamoslles decir que, se o seu pobo foi capaz de queimar un cura, elas poderían ser capaces de facer con nos unha orxía.
Mireino a cara cun sorriso de orella a orella, e cheo de valor dirixinme a elas coas mismas palabras e co apoio do meu amigo. Tan so sacamos un sorriso. Sairon disparadas como se nós fosemos a Santa Inquisición que as ia a xuzgar polos crimes dos seus ancestros.
E quedamos sen orxía…
Inxeniosa ironía a que, no fondo, nos recorda un triste pasado que agardemos que non volte.