Divagando na posta de sol
Sigo vendo o ceo azul por riba desas nubes negras, como se se detrás das nubes, da escuridade, estivese a luz, o ceo azul, as ondas do mar.
O ceo azul no horizonte, mesturado coas árbores, mesturado coas nubes negras di adeus.
Vese ceo azul por momentos, e as árbores do horizonte son coma pantasmas que chaman a gritos, que choran a gritos.
Nubes negras, que facedes ahí, que facedes coa escuridade? Por que o facedes? Por que ten que chegar a noite.
Ceo azul, ceo azul, que fermoso es no horizonte, froito do sol que soña, que segue soñando.
Soña cos teus propios soños , nesta noite que se acaba, nesta noite que comeza, que non sabe onde chegará.
Se a fermosura existe ten que ser unha gran posta de sol , con esas cores marelas, alaranxadas, azuis, que se mesturan para decir adeus.
Es ti beleza aquello que me provoca, que me fai sentir cada día máis.
Non digades nunca adeus, non fai falla. Eu teñovos na miña memoria.
Carretera mollada, húmida coma o río, que comenza a correr e non pode parar.
Amor onde estas amor, onde os meus soños, onde estas pomba dourada, que quero volverte a ver.
A posta de sol esta ahí, detrás das árbores, chorando, chorando a súa morte e quen sabe, quen sabe, se voltará.
E abriuse a noite, e chegaron as estrelas. Non había lúa, pero si as súas estrelas.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home