Mais que palabras

sábado, septiembre 30, 2006

De menos

De menos.¡Tanto de menos…!

Xa non podo nin laiar.
Laiaba antes na felicidade,
e sorría ela acariciandome.
Pobre cariño, pobre amor
que un día decidiu deixar de ser
e abandoarnos os dous.
Unha putada. Que foi senón?
A máis grande. Puñalada a razón.
¿Por que? Acaso non queríamos?
Ou demais, quizáis?
Pecharonsenos os ollos.
Cegaronse para sempre..

De menos, tanto de menos…

Amor, amor, amor, amor.
Niste momento palpita o meu corazón,
que se cegou solo,
que se engañou, ¿quizáis?
na noite en que bailaban dúas estrelas:
que noite tan escura
e que fermosas estrelas.
Brilaron tanto
que me encheron para sempre.

De menos, tanto de menos…

domingo, septiembre 24, 2006

Mais que palabras

Mais que palabras.
Escribín iste título agardando que así sexa, esperando non quedarme na incompetencia que, según se mire, sempre según se mire, esta rodeado o mundo e, agardando que estas palabras me desahoguen e a alguén mais lle sirvan para algo.
Falta o amor. Onde esta? Onde os meus soños? Onde o que eu merezco? Porque as veces recibo demais?. Prefiro as matemáticas, que se non son exactas, moi aproximadas e as veces despreciando o que ben detrás da coma.
Pero a vida non e así. O amor e milagroso, meigo, e non responde nin a sumas nin a restas. Traiciona na convivencia, traicionan os celos, traiciona… e a imperfección salta a vista. Pese a todo o amor. Pese a todo.
Un día iluminaronse os ollos e iluminados quedan para sempre.