Mais que palabras

sábado, abril 14, 2007

Día triste.

Niste día de tristura,
onde a enerxía vital se acaba,
pola inestabilidade do espacio,
preciso gañas de vivir,
preciso o seu sorriso,
a súa mirada que me da paz.

Morrer, morrer de amor.
Cantas veces o desexei…
Estabilidade por fin,
nun corpo fráxil, sentimental,
na busca do seu espacio
que nunca logrei atopar.

Cantolle o amor, como non?
A falta de amor, a súa falta,
os abrazos, os bicos,
ós que desexo e non atopo,
ós que fan tremer sen ter frío,
ós que me axudan,
a quen me olvida…

Tolo? quizáis estea,
xa que non entendo iste mundo,
no que facerse un oco costa a propia vida,
no que soñar pasa factura,
no que os soños non se cumpren,
no que o amor e sempre inxusto,
e a alegría ingrata.

Pobre de min e do meu despertar.
Por que o abri-los ollos a atopo, o atopo,
e o cerralos a soño, o soño.
Si, soño o amor,
e enganome a min mesmo
facendome crer que existe…

Niste día, onde a estabilidade se foi,
se e que algún día existiu,
penso no divagar da miña vida
na busca do amor…

Pobre de min,
engañome a min mesmo…

sábado, marzo 03, 2007

O eclipse de lúa

Hoxe hai eclipse de lúa. Temos unha noite semi invernal, e cheirase a primavera. As nubes pasan, paseniñamente, dende o sur, traendo gotas de auga que tan so humedecen o ambiente.
Quen fora unha delas, para estar máis preto do eclipse, para poder ver sempre as estrelas.
A lúa brila con intensidade mentras agarda o seu coma, a súa viaxe cara o túnel antes da volta a vida.
Quen fora unha gran lúa chea e poder ver sempre as estrelas.
As árbores crean sombras tenebrosas, imaxes descoñecidas que fan sentir medo, que recordan o ladrido do can na noite, e a soedade nun monte de meigas.
Quen fora un can, o lobo na noite, e poder oulearlle a lúa chea, as estrelas.
No horizonte alviscase o infinito, a negrura do descoñecido que ameaza cada día e me recorda sen pausa o finito da miña vida, e o infinito da imaxinación , que me fara sentir sempre lúa chea, eclipse, estrelas.

domingo, febrero 18, 2007

Volta pronto primavera.

Na soedade da ausencia de ti, non fago máis que pensar no teu regreso, nos azúis días que nos agardan, na calor que fai cura-las feridas e brota-las canas.
Nesta tristura do teu baleiro, agardo por ti, polo teu verdor inmenso que me fai sentir eterno e inmortal. Non deberías abandoarme nunca, para facerme soñar.

Verde. Auga de choiva, de orballo, que cae na herba e o sailo sol non fai mais que brilar. Xuventude na intensidade do teu verdor.
¿Por que te vas primavera deixando tan so o verán, deixando a ilusión de que pronto as voltar?
Noites de estrelas, de prácido luar, onde o prantado non para de medrar. Unha ilusión pola vida, por chegar lexos, o mais alá.

Nesta tristura da soedade, canto melancólicamente a canción do teu recordo, da brisa primaveral que acaricia os meus beizos, do murmullo das follas das árbores que agora non están.Volta pronto a verme primavera, que necesito do aire, da enerxía que me das; coa que borras da miña mente o inverno, e fas a milagre de amar.

Miradas

Miradas, coma sempre, as que se cravan,
que se cruzan no universo das estrelas.
Brilan entre elas. Desprendese a súa enerxía.

Miradas, ¡que mirada!
As que o din todo,
as que se comparten
as que xa non din nada…

Miradas, humildes miradas,
as que se comprenden,
as que entre si falan,
e son cobardes, e son valentes,
cando fixamente se abrazan.
Miradas… A túa mirada… Que mirada!

lunes, febrero 12, 2007

A noite, a neve, a lúa chea, as estrelas...

O negro inverno tiñe de branco os campos da Armea. Quen iva pensar que o frío e a escuridade desta noite, se ivan convertir en brancura, noite de neve, noite de lúa chea, noite de estrelas.
Tras unha nevada das que fai estremece-los corpos, a terra semella branca, nesta noite de estrelas. Normalmente a escuridade tapa todo-los segredos das montañas, pero esta noite de lúa chea, a brancura da neve, invade a escuridade, tapa, e non a deixa sair, mostrándonos a súa cara máis fermosa, na noite de lúa chea.
O lonxe están as montañas, todas cubertas de neve, alumeadas pola lúa, do mes de xaneiro, a lúa chea. Esas montañas confundense co ceo, xa non se sabe se e ceo, se son montañas se son nubes tralas estrelas o que eu observo.
As cunetas están cheas de neve, sal na carretera, e nesta noite de lúa chea, o frío non fai máis que esquencer a calor, a calor, morriña do seu calor.
Noite de neve, noite de lúa, noite de lúa chea, noite de estrelas.
O inverno e duro, pero agradecese a súa beleza. Mirade fixamente o oculto do inverno. Non todo ia ser calor… Debemos valorar a frialdade do inverno. A fermosura existe…. Noite de neve, noite de lúa chea, noite de estrelas…

domingo, enero 21, 2007

Tempo, para que existes?

Tempo, para que existes?
Se como suspirar desapareces,
na noite te fas día,
e no sorriso tristura.

Tempo, para que existes?
Mais que para recordarme o fin,
a bravura do pasado,
e o silencio do futuro.

Tempo para que existes?
Se a vida non medra contigo,
vai a menos como as estrelas,
raios de luz que se apagan.

Tempo, para que existes?
Se a memoria non te lembra,
e o futuro te persegue,
como o trono o lóstrego.

Tempo, para que existes?
Escapas, soñas, agardas
sempre con humildade
o teu existir.

domingo, enero 14, 2007

Son as doce

Son as doce. Tocan xa as badaladas.
Penso en ti para non estar so,
e chegas a min coa túa beleza,
enchendo a miña húmida soedade.

Niste día de adversidade,
so atopo a miña cama baleira,
feita coa nostalxia
o reflexionar no domingo noite.


As sabanas están frías,
e o silencio atúrdeme.
Grazas por darme a túa calor.
Oio os ruidos dos teus bicos.

Cando as pálpebras pesan,
máis pesa a soedade,
na escuridade da noite,
cando en ti non logro pensar.

Mintes, ti dechesme esta calor.
Ti enches a miña cama baleira.
Ti ere-la tempestade, que rompe iste silencio.
Ti ere-la fermosura, que nos meus soños quixese amar.

martes, enero 02, 2007

O abrazo

Nunha noite borrosa,
de luces de xoldra,
vin o sorriso da miña vida;
tan perfecto
que agora dudo da súa existencia.

Abrazoume,
como se abrazan os nenos,
como se abraza o seu amor.

Abrazoume como a noite:
cando a escuras pecha os ollos
e so pensa no despertar das estrelas.

Abrazoume
como o amor a saber que existo
na existencia do desexo.

Abrazoume.
Eabgora que?
Como describrir tanta beleza?
Non existe comparación.
Liverdade quizáis.
Rebumbio no máis adentro
da sinceridade da ialma.

Abrazoume.
Que quixo decir?
So Deus o sabe.
Foi na noite borrosa
onde deixei de existir.